Na clase de 3 anos B estamos facendo xogos cos que nos achegamos ao mundo da lectoescritura, entre eles, alimentamos a uns animais moi curiosos: un crocodilo que come números, un hipopótamo que come letras, e un león que come palabras. Así cada un decide en que momento quere alimentar a algún dos animais dándolle unha gaietiña especial (un pequeno papeliño dunha cor determinada en función do sobre do animal, na que escribirá letras, números ou palabras segundo corresponda).
Animádesvos a inventar algún xoguiño tamén vós?
No hay comentarios:
Publicar un comentario