jueves, 16 de junio de 2011

O Libro dos Papás

Os nenos e nenas de 5 anos B estivemos a elaborar durante estas últimas semanas do curso este libro sobre o nome dos papás, pois como tiñamos feito o libriño dos nomes das mamás, os nenos e nenas non pararon ata conseguir facer o dos papás. E aquí o temos, por fin.

martes, 14 de junio de 2011

O PEQUE LIBRO DA PRIMAVERA

Velaquí está o libro da primavera que fixemos os peques. Como nos gusta moitísimo facer libros, aquí está outro, que tamén serve para xogar, pois ten unha serie de tarxetiñas para pegar con velcro e así identificar as palabras escritas coas imaxes que representan:


O LIBRO DE MARCELLE DOS PEQUES

Os nenos de 3 anos B quixemos lembrar que animales viramos cando fomos de excursión a Marcelle, por iso, decidimos facer un libro. Con el podemos xogar pois ten tarxetiñas con velcro para identificar e "ler". Os nomes dos animais fixémolos escribindo con letras móbiles, e agora toca xogar a quitar as tarxetas e poñelas outra vez no seu sitio. É moi divertido!!!!


jueves, 9 de junio de 2011

Un conto crebacabezas

 "As mans do dragón" é un conto-crebacabezas inventado polos nenos de catro anos. A creación foi moi rica en matices mais soamente xurdiu un problema cando para finalizar a historia a metade da clase quería matar ao dragón (a meirande parte eran nenos) e a outra metade (nenas) querían buscarlle unha moza. Ao final, por maioría o dragón pasou a mellor vida non sen antes queimarlle o pelo ao príncipe cousa que disgustou moito as nenas e provocou as risas dos nenos.

miércoles, 8 de junio de 2011

OS DADOS MÁXICOS CREACONTOS

Os peques de 3 anos B falamos e falamos sobre os lugares, personaxes, obxectos... que pode haber nas historias, e decidimos crear dun xeito máis motivador os nosos propios contos. Así, fixemos uns dados máxicos: o dado dos lugares, o dado dos personaxes e o dado dos obxectos.
Para xogar só temos que lanzar os dados e ver que foi o que nos quedou cara enriba, e  a partor dese personaxe, lugar e obxecto que nos tocou, crear a nosa propia historia.
Que vos parece?
 Animádesvos a facer os vosos dados máxicos?
Ah!!! e como están pegados con velcro, podemos cambiar as nosas tarxetiñas e así que non se repitan sempre as mesmas...

Revisión de textos: Aula de 5 anos B

Libro de Marcelle

No mes de maio os nenos e nenas de Infantil fumos de excursión a Marcelle, e como viñeron encantados cos animaliños, decidimos elaborar un libro. A cada neno e nena da clase tocoulle un animaliño dos vistos no zoo, e o que tiveron que facer, foi un debuxo do animal e escribor o seu nome. O resultado final é o que se ve nas imaxes:

UN LIBRO QUE SEMELLA O FONDO DO MAR

Na clase de 5 anos A os nenos e nenas fixeron unha historia que sucedeu debaixo do mar, por iso, cando montaron a súa obra imitaron moi ben o mar. Mirade que chulo lles quedou o conto con este mar de cores!!!

FONDO LECTOR

Quen se anima a probar as súas dotes lectoras?
Premede na imaxe e ... A XOGARRRRRR!!!

O LIBRO -ADIVIÑANCEIRO XIGANTE

Os peques de 3 anos B fixemos un libro xigante!!! É longuíiiiiisiiiiimo!!! Se o estiramos chega case dende a entrada da clase ata o outro lado. Mirade como nos quedou!!!




domingo, 5 de junio de 2011

Libro da Primavera




Fixemos un libro con diferentes imaxes da Primavera: natureza, alimentos, roupa... O libro ten 14 páxinas, unha por cada neno e nena da aula. A cada neno e nena tocoulle colorear unha imaxe da primavera e escribir o seu nome en maiúsculas e minúsculas. O resultado, foi este libro movil, no que os nenos e nenas teñen que ler e buscar a etiqueta correspondente ao debuxo que están mirando. Aquí temos a Manuel, que está a buscar a etiqueta dco nome do debuxo: ZANAHORIA.

Facemos un rosco coas letras do abecedario
















Os nenos e nenas de 5 anos levamos unhas semanas dándolle forma a este rosco, e por fin, xa o temos rematado. O primeiro que fixemos foi buscar as imaxes de cousas que empezasen por unha das letras do abecedario: Abeja, Ballena, Delfín, Escalera.... Os nenos e nenas tiveron que buscar a etiqueta da letra que lles tocou por azar e escribila. E este é o resultado:

martes, 31 de mayo de 2011

ILUSTRADOR@S DE BANDA DESEÑADA

Os máis maiores do cole son todos uns expertos, mirade algunhas das súas creacións:





REVISIÓN DE TEXTOS: CLASE DE 4 ANOS B

CONTOS XEOMÉTRICOS

Dende a clase de 3 anos B animámosvos a que fagades o voso propio conto xeométrico (pode ser un triángulo, un cadrado, pentágono...  todo depende das escenas que querades ilustrar).
Que tedes que facer?

1º Inventar unha historia.
2º Dividila en escenas.
3º Ilustralas.
4º Cortar á metade os debuxos das secuencias.
 5º Ir pegando as dúas metades dos debuxos tal como se ve na imaxe, de xeito que a primeira escena quede no centro, e a segunda quede no centro despois de xirar as dúas pezas de cartolina unha vez cara dentro. E así coa 3º e 4º ilustración.
 6ª Unha vez que estén tódalas ilustracións pegadas, darlle a volta ás pezas e facer o mesmo cos textos correspondentes pegandoos por detrás de cada ilustración, de xeito que ao contar o conto podamos ler o texto.

A REVISIÓN DO TEXTO: 4 ANOS A

Aquí tedes o conto que fixeron os peques de Basi:

sábado, 28 de mayo de 2011

AS NOSAS NOVAS

En infantil os venres temos unha sección adicada ao xornalismo, onde os nosos peques escriben as súas propias novas de cousas que suceden na nosa clase.
Aquí podedes ver uns exemplos feitos pola clase de 4 anos A. Con tódalas novas de tódalas clases, faremos un Libro Xigante, do que todo o cole poderá disfrutar, na biblioteca escolar, e que estará situado na sección "OS NOSOS LIBROS".


OS ROSCOS DAS LETRAS

Nalgunhas clases estamos facendo roscos para traballar cos nen@s as letras, e a lectoescritura de diferentes palabras que conteñan esas letras. Poden ser roscos temáticos, por exemplo escribir no rosco só nomes de animais ou flores... ou libres.
Aquí vos ensinamos o que fixo a clase de 6ºA e que é de temática libre.

(Premede na imaxe para poder ler ben tódalas palabras que fixeron)
Probade a facer o voso!!!

O XOGO DAS LETRAS

 Xogar a ler e escribir é moi sinxelo, e non precisamos lapis nin papel, mirade como con estas letras de papel conseguimos escribir as palabras que queremos, e xogamos a aprender as letras, a escribir pensando cal será a letra que precisamos para un determinado son ou sílaba...
 Logo coas palabras formadas, podemos xogar a desfacelas e construir outras novas, ou pegalas nas nosas fichas, ou libriños que creemos. Nós estamos facendo un libriño da nosa saída ao zoo de Marcelle, e comezamos a escribir o nome dos animais para logo montar o libro. Cando esté rematado xa vo-lo ensinamos enteiriño.


 E así pouco a pouco imos familiarizándonos como mundo da lectoescritura xogando. Tamén aproveitamos a xogar colectivamente na asemblea, a profe saca unha letra da caixa das letras, e os nen@s que teñen prantillas de letras diferentes teñen que ver se ven a silueta de dita letra na súa prantilla ou non.