Dende a clase de 3 anos B animámosvos a que fagades o voso propio conto xeométrico (pode ser un triángulo, un cadrado, pentágono... todo depende das escenas que querades ilustrar).
Que tedes que facer?
1º Inventar unha historia.
2º Dividila en escenas.
3º Ilustralas.
4º Cortar á metade os debuxos das secuencias.
5º Ir pegando as dúas metades dos debuxos tal como se ve na imaxe, de xeito que a primeira escena quede no centro, e a segunda quede no centro despois de xirar as dúas pezas de cartolina unha vez cara dentro. E así coa 3º e 4º ilustración.
6ª Unha vez que estén tódalas ilustracións pegadas, darlle a volta ás pezas e facer o mesmo cos textos correspondentes pegandoos por detrás de cada ilustración, de xeito que ao contar o conto podamos ler o texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario