O loro que quería cantar
Hai moitos anos, nunha árbore de mazás do parque de Ortigueira, vivía un loro vermello, con moitas plumas de cores que se chamaba Rosa. O loro era moi tranquilo, e desde había moito tempo, quería cantar como as estrelas da canción. Intentárao colándfose nunha das orquestras e ata estivera seguindo a todas partes a algunhas estrelas ...pero nunca puido cantar tan ben coma elas.
Nerea 3ºA
O raposo que quería esquiar
Hai moitos anos, nun souto de piñeiros do Porto de Espasante vivía un raposo pequeniño co pelo claro, que se chamaba Poki. O raposo era moi atrevido, e desde había tempo quería esquiar como as persoas. Intentárao lanzándose desde o alto dunha montaña e saltando cós esquís, pero ao final sempre acababa cheo de neve.
Juan 3ºA
A cadela que quería cantar
Hai moitos anos nunha casa á beira do mar vivía unha cadela co pelo claro que se chamaba Linda. A cadela non paraba quieta e desde había tempo quería ser cantante coma os canarios. Intentárao dando ladridos e tocando con algunha banda de cans pero ao final non conseguíu cantar, só ladrar.
Daniela 3ºA
(Imitando estructuras de contos)
(Imitando estructuras de contos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario