- Oe, Max, que che parece se imos ao faiado e botamos unha sesta no sillón? – dixo Manuel.
- Vale! – respondeu Max.
O sillón estaba tirado nunha esquina do faiado, chegamos e empezamos a durmir; pero cada vez que nos entraba o sono, un terrible pesadelo facíase realidade. Acórdome dun pesadelo deses así que vóuvolo contar.
Max e eu somos amigos dende sempre. Chámome Manuel. Un día acababamos de espertar cando comprobamos que esta casa non era a nosa. Onde estabamos? Non o sabiamos. Baixamos as escaleiras e, ao final, atopamos un corredor con moitas armaduras de cabaleiros falecidos, seguimos avanzando e vimos dúas placas no chan, que poñían “Max e Manuel”. Tamén había unha carta que dicía:
“Aquí debaixo atoparedes dúas armaduras, collédeas e afrontade o mal deste castelo”
Collimos as armaduras e puxémolas. Avanzamos ata acabar o corredor e vimos que había unha mesa e unhas persoas estaban sentadas nela. Fomos aproximándonos e comprobamos que eran os esqueletos das armaduras dos cabaleiros dos que antes vos falei. Desenvainamos as espadas e empezamos a loitar. Os cabaleiros estábanos gañando a batalla, non lles afectaba nada o noso ataque. Craváronnos as espadas, pero xusto nese momento tanto Max coma min espertamos e comprobamos que só fora un soño.
Pero como é posible se as armaduras aínda as tíñamos postas? Sería aquilo algo máis ca un simple soño? As nosas vidas realmente correron perigo?
Así que, a partir dese día decidimos non volver máis ao faiado e olvidarnos para sempre do vello sillón abandoado.
Víctor Martínez Rodríguez 6ºA
(Conto de misterio)
No hay comentarios:
Publicar un comentario