martes, 31 de mayo de 2011

ILUSTRADOR@S DE BANDA DESEÑADA

Os máis maiores do cole son todos uns expertos, mirade algunhas das súas creacións:





REVISIÓN DE TEXTOS: CLASE DE 4 ANOS B

CONTOS XEOMÉTRICOS

Dende a clase de 3 anos B animámosvos a que fagades o voso propio conto xeométrico (pode ser un triángulo, un cadrado, pentágono...  todo depende das escenas que querades ilustrar).
Que tedes que facer?

1º Inventar unha historia.
2º Dividila en escenas.
3º Ilustralas.
4º Cortar á metade os debuxos das secuencias.
 5º Ir pegando as dúas metades dos debuxos tal como se ve na imaxe, de xeito que a primeira escena quede no centro, e a segunda quede no centro despois de xirar as dúas pezas de cartolina unha vez cara dentro. E así coa 3º e 4º ilustración.
 6ª Unha vez que estén tódalas ilustracións pegadas, darlle a volta ás pezas e facer o mesmo cos textos correspondentes pegandoos por detrás de cada ilustración, de xeito que ao contar o conto podamos ler o texto.

A REVISIÓN DO TEXTO: 4 ANOS A

Aquí tedes o conto que fixeron os peques de Basi:

sábado, 28 de mayo de 2011

AS NOSAS NOVAS

En infantil os venres temos unha sección adicada ao xornalismo, onde os nosos peques escriben as súas propias novas de cousas que suceden na nosa clase.
Aquí podedes ver uns exemplos feitos pola clase de 4 anos A. Con tódalas novas de tódalas clases, faremos un Libro Xigante, do que todo o cole poderá disfrutar, na biblioteca escolar, e que estará situado na sección "OS NOSOS LIBROS".


OS ROSCOS DAS LETRAS

Nalgunhas clases estamos facendo roscos para traballar cos nen@s as letras, e a lectoescritura de diferentes palabras que conteñan esas letras. Poden ser roscos temáticos, por exemplo escribir no rosco só nomes de animais ou flores... ou libres.
Aquí vos ensinamos o que fixo a clase de 6ºA e que é de temática libre.

(Premede na imaxe para poder ler ben tódalas palabras que fixeron)
Probade a facer o voso!!!

O XOGO DAS LETRAS

 Xogar a ler e escribir é moi sinxelo, e non precisamos lapis nin papel, mirade como con estas letras de papel conseguimos escribir as palabras que queremos, e xogamos a aprender as letras, a escribir pensando cal será a letra que precisamos para un determinado son ou sílaba...
 Logo coas palabras formadas, podemos xogar a desfacelas e construir outras novas, ou pegalas nas nosas fichas, ou libriños que creemos. Nós estamos facendo un libriño da nosa saída ao zoo de Marcelle, e comezamos a escribir o nome dos animais para logo montar o libro. Cando esté rematado xa vo-lo ensinamos enteiriño.


 E así pouco a pouco imos familiarizándonos como mundo da lectoescritura xogando. Tamén aproveitamos a xogar colectivamente na asemblea, a profe saca unha letra da caixa das letras, e os nen@s que teñen prantillas de letras diferentes teñen que ver se ven a silueta de dita letra na súa prantilla ou non.


miércoles, 25 de mayo de 2011

REVISIÓN DE TEXTOS: AS NOVAS CREACIÓNS








(a ver se conseguimos darlle a volta a esta última historia que por algunha extrana razón nos aparece xirada)

lunes, 23 de mayo de 2011

CONTO ACORDEÓN

A semana pasadas inventamos un conto entre todos os nenos e nenas da clase. Eleximos 3 palabras: granxeiro, vaca e cabalo. Para que participasen todos os nenos e nenas, xogamos ao conto encadeado, de forma que cada neno e nena, inventou unha parte do conto. Logo, transcribimos o conto entre todos e finlamente diferentes nenos e nenas debuxaron cinco esceas do conto. Unha vez montado, o conto acordeón está listo para ser lido polos nenos e nenas, por iso terémolo no recuncho da biblioteca.

domingo, 22 de mayo de 2011

A PRIMEIRA HISTORIA CON IOGURES

Probando, probando... melloramos un pouquiño o xogo dos iogures para que tivese un formato máis duradeiro e vistoso. Probámolo, e aquí temos as primeiras palabras coas que inventar o noso conto.

TARTARUGA - DINOSAURIO (PERSONAXES)
XARDÍN (LUGAR)
VARIÑA MÁXICA - CONTO (OBXECTOS)

Alguén máis se anima a facelo?

REVISIÓN DE TEXTOS

A partir da idea de actividade de "Revisión de Textos" de Miryam Nemyrovski, xurde esta nova tarefa de lectoescritura.

Unha clase comeza a actividade inventando cooperativamente un conto, e escribíndoo e debuxándoo nun folio. Logo ese conto, irá tal cual fotocopiado a cor ao resto das clases. Tratáse de que, despois de ler o texto e ver o debuxo, os nen@s decidan que cousas lle engadirían ou cambiarían. Entón, noutro folio vaise creando en cada clase a nova historia. Ao fin teremos alomenos 7 historias diferentes nacidas da revisión dun primeiro texto inicial, que neste caso e o elaborado pola clase de 5 anos A:
En poucos días poderedemos ver como esta historia se vai facendo cada vez máis completa, e van cambiando datos, vánse engadindo cousiñas... estade atent@s!!

A NENA E A FADA

En 4 anos A e utilizando tamén as 4 palabras dadas, xurdiu este conto. Mirade que chuli!!!


sábado, 21 de mayo de 2011

A NENA DO CASTELO

Os nenos e nenas de 3 anos A fixemos un conto cooperativo, a partires de 5 palabras que nos propuxeron os nosos compis: NENA, BOLBORETA, COCHE, CASTELO e FADA.Este foi o resultado.

 

jueves, 19 de mayo de 2011

CONTO A PARTIRES DE 4 PALABRAS

Así nos quedou ao noso conto, que transformamos nun libro de verdade, para ver, ler, tocar... e divertirnos con el no recanto da biblioteca de clase.


RECEITAS: OS IOGURES CREA CONTOS

Na clase de 3 anos B deicidimos cooperativamente que personaxes, lugares e obxectos queríamos insertar no noso "xogo de iogures crea contos". Así, dixemos un montón de personaxes, lugares e obxectos que cremos poderían formar parte dun conto. Agora metemos tarxetiñas con esas palabras, e distinta cor (segundo sexa lugar, personaxe ou obxecto) en botes de iogur desa cor. Agora o xogo consiste en crear historias a partir de palabras das que dixemos, uitlizando para iso unhas tarxetas laranxas, amarelas  e vermellas con números do 1 ao 3. Así, deberemos de sacar unha tarxeta de cada cor, e se por exemplo nos sae un 2 amarelo, un 1 laranxa e un 3 vermello, teremos que coller 2 tarxetas amarelas, 1 laranxa e tres vermellas, e a partir desas palabras crear unha historia cooperativa.
Estes días faremos contos con esta receita, xa vo-los ensinaremos. Probade vós!!!

DEBUXANDO E CREANDO CONTOS

Na clase de 3 anos B estivemos a falar dos ingredientes que precisaba un conto: personaxes + lugares + cousas (e por suposto tamén accións). Despois de falar longo e tendido sobre exemplos de cada tipo que nos poderían valer para inventar un conto, cada nen@ tivo que debuxar un conto (un escenario, uns personaxes e algún obxecto). Ao rematar, viñan xunto a min e me contaban o seu conto que eu escribía. Logo asinaban a súa historia, e inventaban un título para o conto e escribíano. Mirade que chulis nos quedaron!

XOGO DE PARELLAS

Os nenos e nenas de catro anos fixemos un xogo de parellas.So necesitamos un anaquiño de papel, un lápis,un rotu para repasar, e pegamento. Primeiro cada neno ou nena, escribiu, dúas veces, a palabra que quixo coa axuda da profe . Repasámola, pegamola nun anaquiño de cartulina e logo xogamos.
O xogo consiste en descubrir dúas palabras iguais. Facede clic na foto e veredes máis

miércoles, 18 de mayo de 2011

ADIVIÑA...

RODA DOS ANIMAIS DA SELVA

En Infantil estamos a traballar diferentes paises, e agora mesmo estamos con Brasil, por iso fixemos esta roda dos animais da selva amazónica: puma, tucán, tarántula, piraña, serpe, mono foron algúns dos animais traballados. Aquí temos a Marcos e Manuel estreando a roda:

domingo, 15 de mayo de 2011

RECURSOS PARA FAMILIAS, PROF@S E NEN@S

Premede nas imaxes e iredes a unhas páxinas moi interesantes con aplicacións para traballar coa lectoescritura:

sábado, 14 de mayo de 2011

ESCRITOR@S EN MARCHA!!!

Aquí vos deixamos un enlace no que poderedes publicar as vosas propias creacións (as vosas propias historias, contos...) seguindo unhas pequenas pistas oou reglas que vos van dando. Hai moitas modalidades para crealas, decidide cal é a que máis vos gusta e... A CREAR!!! Premede na imaxe para ir directamente á páxina.