Os nenos de 4 anos estivemos a facer materiais propios que logo plastificaremos e xogaremos con eles na clase. Cada neno tiña un debuxo, debaixo do debuxo, tanto cadros como letras ten o nome do debuxo. Por outra banda, entregueilles as letras do nome do debuxo descolocadas, tiveron que recortar e logo ordenar a palabra. -Está ben profe? -Esta e esta sí, estas outras pensa e volve a colocalas. Gustoulles moito e pasárono moi ben. Se queredes podedes probar na casa.
Como vedes é moi sinxelo, podedes intentalo na vosa casa e xogar toda a familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario